“Que pensas facer co teu modo de lectura habitual”. Xavier Alcalá

16 Xullo 2021

Observa que le nun dispositivo electrónico. A miña comprobación de avión, praia e piscina é que as mulleres son as grandes lectoras (o acompañante da que aparece na foto tomaba o sol cos ollos pechados). Len en papel, pero cada vez máis en formato dixital.
Mira o que di unha das nosas compañeiras deste epistolario en relación á miña novela recentemente publicada en Amazon, Tertúlia Revisitada. Xa o está lendo pero en formato de Kindle.

«Já comecei a ler a Tertúlia em formato digital pois não quero voltar a ter uma biblioteca em papel. Foram muitas e quando vim para cá decidi isso. Ando assim mais ligeira, somente com uns poucos libros.»

A nosa amiga ten a súa razón, que comparto. Eu tamén leo cada día máis en dispositivos electrónicos, sinxelamente porque teño a casa chea de libros físicos. Vou quedando cos que teñen algunha razón particular: os dedicados, os que me lembran a algo inesquecible, os destinados á relectura…
Fíxache no fenómeno da lectura dun libro promocionado nunha plataforma de difusión dixital, A calor da cinza. Todos os días, distintas persoas acceden ao texto “na nube” e len algunhas páxinas. O resultado é o que segue (a liña horizontal superior marca as 500 páxinas / día).

Quizá ti sexas un dos lectores en formato dixital. Seguro que o é quen me escribe neste epistolario (de novo unha señora lectora en dispositivos electrónicos). Di algo que me dá forzas para seguir no labor de crear a Biblioteca Xavier Alcalá.

«Hola Xavier, ya he acabado El calor de la ceniza y he llegado a la conclusión de que no has traducido A nosa cinza, has reescrito el libro en castellano.

¿Por qué hago esta puntualización? Porque todas las traducciones, ya sean de libros, pelis o similares, pierden autenticidad y frescura y El calor de la ceniza es igual de auténtico y fresco que A nosa cinza.

Mi personaje favorito sigue siendo Avelino, es el más auténtico de todos. Respecto a Xoán, su “fase pis bendito” me sigue poniendo de los pelos y al cura de apellido impronunciable directamente lo estrangulaba por hipócrita, cínico y repelente. El “obrero” Fuco casi que me da pena por debilucho y Felisa merece un monumento por su dedicación y paciencia.

Me quedo con una frase que me ha hecho soltar una gran carcajada: “Cuanto más desnudo, mejor; como los catalizadores: aumentando la superficie de contacto.”
Seguramente acabe comprando la edición en papel […] »

Como comprenderás, despois de ler iso, teño que dicir como Mark Twain, que un eloxio dá para vivir uns meses máis.
E vivir autotraduciendo. Nestes días repaso o texto da malo sangue, a miña próxima novela a publicar en Amazon. Estou a reescribila en castelán? Si, pero con grandes axudas da telemática pois non vou reescribir o que traducido ten unha correspondencia exacta en galego e castelán. Espero que che guste cando chegue a ti a novela no formato que sexa.
E por hoxe despídome de ti pedíndoche que me contes que pensas facer co teu modo de lectura habitual. Eu inclínome por ler en calquera soporte pois o que importa é o texto e a capacidade de suxerencia do autor. Ou non?

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.