En Boiro un lume provocou importantes danos nunha vivenda

09 Xullo 2021
Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro actuando en incendio de vivenda no lugar de Graso no Concello de Boiro.

Un incendio nunha vivenda na parroquia de Abanqueiro, en Boiro, calcinou un andar completo e fixo ceder o teito do domicilio.

O lume iniciouse arredor das oito menos cuarto da tarde, en concreto, nunha casa do lugar de Graso. A esa hora, un particular avisaba ao 112 Galicia de que lle estaba a arder a casa e, ao mesmo tempo, outra persoa tamén se poñía en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para indicar que vía saír fume dunha vivenda no mesmo punto.

Así, de xeito inmediato, os operadores do 112 Galicia deron aviso aos Bombeiros de Boiro, ao Servizo Municipal de Protección Civil, á Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061. A maiores, a petición dos Bombeiros de Boiro, tamén foron informados os Bombeiros de Ribeira, por se fose necesaria a súa intervención.

Posteriormente, contra as oito e cuarto, os servizos de emerxencia confirmaban ao 112 Galicia que a situación estaba xa controlada e que se vira afectado o teito, que era de madeira e caeu. Ademais, indicaban que a vivenda estaba habitada pero, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Pouco máis tarde, os Bombeiros deron por extinguido o lume que, finalmente, calcinou o piso superior da vivenda, de dous andares, e o teito.

Por último, para garantir a total seguridade, decidiron precintar a casa para que non accedese ninguén, xa que o lugar non estaba seguro.

Lume nunha vivenda en Padrón
Por outra banda, a pasada tarde, o 112 Galicia tamén tivo coñecemento dun lume nunha vivenda de Padrón, concretamente, do lugar de Bascuas.

Precisamente, foi a propia persoa á que lle estaba afectando o lume a que se puxo en contacto co CIAE-112 Galicia para informar de que lle estaba a arder unha habitación.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do GES de Padrón, da Policía Local, da Garda Civil e dos Bombeiros de Boiro.

Pasadas as doce da noite, os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Padrón comunicaban ao 112 que, por mor do lume, se viran afectadas dúas habitacións, que arderan por completo. Segundo confirmaron os os profesionais desprazados ata o punto, o lume puido ser intencionado e a vivenda quedou precintada pola Policía xa que, tras os danos provocados polo incendio, non podía ser habitada.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.