Corrubedo festexa os seus 1.100 anos de andaina cun gran proxecto audiovisual

04 Setembro 2019

20190904 rematou en Corrubedo cunha gran celebración en todo o senso do termo “gran”: porque foi un xantar colectivo no que participaron máis de 300 comensais, na explanada do porto, e porque o que se conmemoraba (con música, confraternidade e unha paella que case non collía nos obxectivos das cámaras) era, nada máis e nada menos, que os once séculos de historia da vila mariñeira. Ademais dos devanditos ingredientes, houbo outro elemento extra que fixo do xantar unha cita especialmente memorábel: a presentación dun vídeo de 15 minutos e 34 segundos que recolle, plasma e inmortaliza a identidade de Corrubedo.

O audiovisual, presentado no encontro festivo nunha gran pantalla, é co-responsabilidade do historiador e escritor Francisco Sánchez Fraga, quen estivo no xantar dos once séculos e, tamén, nos actos previos de celebración da longa historia de Corrubedo, tal e como sinalamos dende O Barbanza, informando entre outras cousas da súa conferencia na Casa do Mar sobre a estreita relación da vila co mar, sobre os importantes vestixios arqueolóxicos locais ou sobre o documento no que se fai referencia á doazón da parroquia polo rei Ordoño II ao mosteiro de San Paio de Antealtares no ano 919 (documento que está a motivar a conmemoración destes once séculos).

Francisco Sánchez Fraga, que presentou o seu vídeo no xantar, referiuse á peza audiovisual como unha tentativa de plasmar en imaxes e son “a alma de Corrubedo”. O vídeo, tal e como nos lembran dende o blog do Bar Pequeño, está na Rede para quen queira desfrutalo, na web persoal de Max Franco, que integrou, xunto con Daniel Franco, Montserrat Gutiérrez e o propio Sánchez Fraga, o equipo responsábel da creación do vídeo. Co grupo tamén colaborou Fernando Vilariño, facendo as contribucións fotográficas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...