O BNG convoca en Ribeira unha nova recollida de sinaturas e un acto público contra a suba da luz

01 Xullo 2021

O BNG ribeirense vén de anunciar unha xornada sobre os abusivos presos da electricidade o vindeiro sábado 3 de xullo. Pola mañá está previsto facer unha nova recollida de sinaturas contra a suba da factura de luz na avenida do Malecón. Pola tarde, ás 20:30 horas no Centro Cultural Lustres Rivas, os nacionalistas realizarán un acto público coa deputada Rosana Pérez e Xavier Santamaría, consultor enerxético onde se detallarán os motivos dos prezos das facturas.

Desde a sede bloquista destacan a Galicia como unha das principais fontes de electricidade de España, mais segue sen beneficiarse desa riqueza, e aseguran que “as pemes pagan cada vez máis pola factura da luz, o que implica un boom eólico depredador que ameaza a supervivencia do rural”. Pérez Barral comentou a posibilidade dunha solución, que pasaría pola aposta “da tarifa eléctrica galega para abaratar o prezo da luz, un método que xa está en marcha en moitos países europeos”.

Para facer fronte a esta proposta, o BNG defende a intervención pública no sector enerxético e pon sobre a mesa medidas concretas e realizables se hai vontade política. A redución do IVE da luz ao 4% fronte ao 21%, unha tarifa eléctrica e por último a creación dunha empresa pública galega de enerxía son tres das claves para facer posible esta proposta, apuntan dende a sede nacionalista.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...