Aguiño recupera a súa médica logo de meses de mobilizacións da veciñanza, da Plataforma pola Sanidade do Barbanza e do BNG

02 Outubro 2026

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza e a veciñanza de Aguiño puxeron hoxe punto e final a un ano de mobilizacións diante do centro de saúde da parroquia. Fano cunha boa noticia: a súa médica de cabeceira reincorpórase ao seu posto despois dun ano de baixa.

Para o BNG, agrupación que apoio as mobilizacións dende o seu inicio (nas concentracións, participando nas mobilizacións e levando a súa reclamación ao Parlamento galego e ata a Consellería de Sanidade), é “motivo de satisfacción para toda a veciñanza de Aguiño, pero tamén unha oportunidade para lembrar todo o camiño percorrido durante estes meses e para advertir de que non se pode volver permitir unha situación semellante”.

Ante o logro conseguido pola presión veciñal, o portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, criticou duramente á alcaldesa María Sampedro, que, segundo dixo, “non apoiou as reivindicacións da veciñanza nin se situou ao seu lado nesta demanda”. E engadiu: “Mentres nós estivemos con Aguiño, a que di ser alcaldesa de todos non estivo súa veciñanza nesta loita. Nós defendemos os dereitos das persoas de Aguiño e ela preferiu defender os intereses do seu partido”.

Unha loita que chegou de Aguiño até Santiago

A mobilización chegou tamén a Santiago de Compostela. O 31 de xaneiro de 2025, máis dun cento de veciñas e veciños de Aguiño desprazáronse ata a sede do SERGAS e da Consellería de Sanidade, onde entregaron máis de 2.600 sinaturas para reclamar a cobertura das prazas médicas do centro de saúde. Naquela xornada denunciábase que as esperas para conseguir unha cita podían chegar ás tres semanas. A reivindicación chegou igualmente ao Parlamento de Galicia da man do BNG. A deputada Rosana Pérez levou a situación de Aguiño á Cámara galega e reclamou a cobertura das prazas médicas, nun contexto no que o propio Goberno galego recoñeceu a existencia de vacantes e baixas no municipio. En novembro de 2024, ademais, o BNG xa reclamara no Parlamento a cobertura das prazas vacantes e das baixas nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño, iniciativa que contou co voto en contra do PP.

A veciñanza, un exemplo

O exalcalde e portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, quixo poñer en valor especialmente “a constancia da veciñanza”. Lembrou que as mobilizacións comezaron no outono de 2024 e mantivéronse ao longo dos meses, incluíndo unha multitudinaria manifestación en Aguiño en febreiro de 2025 para reclamar a cobertura inmediata e permanente das prazas médicas”. E engadiu: “Hoxe é un día para alegrarnos porque Aguiño recupera a súa médica de cabeceira, pero tamén para lembrar que isto non foi consecuencia dunha substitución efectiva por parte da Xunta durante todo un ano. A baixa tivo que chegar ao seu fin e por tanto o PP demostra que estivo de brazos cruzados porque lle interesa deteriorar a sanidade pública e beneficiar á privada”.

Recordou que “durante un ano a veciñanza de Aguiño estivo sen a súa médica, mentres outra profesional tivo que asumir parte do seu cupo e soportar unha maior carga asistencial”. As consecuencias foron claras: “Máis presión para o persoal sanitario e máis dificultades para a veciñanza á hora de conseguir unha cita que moitas veces agardaba 15 días”, sinalou.

O BNG considera que “o final desta baixa non pode servir para ocultar o problema de fondo: a necesidade de que a Xunta garanta persoal suficiente e substitúa de maneira efectiva as baixas, vacacións e demais ausencias na Atención Primaria”.

A propia formación nacionalista denunciou durante os últimos meses que a situación de Aguiño e Ribeira se agravaba especialmente no verán, chegando a haber xornadas nas que o centro contaba cunha única médica durante apenas tres horas.

Barral salientou tamén o papel fundamental da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza e de todas as persoas que participaron nas concentracións durante estes meses. “A veciñanza de Aguiño deu unha auténtica lección de compromiso, constancia e defensa dos servizos públicos. Estivemos ao seu lado desde o primeiro momento e seguiremos estando”, afirmou o portavoz nacionalista.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.