A taekwondista boirense Alma Pérez representará a España no Campionato Europeo sub-21

02 Setembro 2019

20190902. Alma Pérez, deportista do Suh Sport, foi convocada pola selección española de taekwondo para participar no europeo sub-21, evento que de celebrará na cidade sueca de Helsingborg. Con tal motivo, o Consistorio boirense despediuna desexándolle sorte nun acto que contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o adestrador Víctor Costado; e a delegada deportiva, Silvia Pérez.

Aos seus 17 anos, Alma Pérez enfróntase ao Campionato Europeo sub-21 coma un dos máis importantes e difíciles da tempada, medíndose con outras 37 deportistas, case todas maiores ca ela. Pero este non é o seu único logro, pois xa foi convocada para esta mesma cita o pasado ano, e atesoura numerosos títulos coma o de Campioa Europea por clubs, Campioa de España sub-21, Campioa Galega en categoría absoluta e sub-21, así como medalla de bronce no Open de Francia na modalidade absoluta.

A deportista indicou que se trata dunha proba “moi difícil, intentaremos facer unha boa actuación porque contamos con tódolos medios que puidemos reunir.” Tamén precisou que conseguiron puntuar en tódolos campionatos importantes, posibilitándolle prepararse moito mellor.

O edil manifestou que “partirá deica a cita continental co obxectivo de deixar a Boiro no máis alto do podio”, ademais de que “isto xa é un triunfo e pase o que pase será un orgullo para nós, para o noso deporte, para o noso pobo.”

Pola súa parte, Víctor Costado, quen acompañará á deportista na súa viaxe a Suecia, expresou que “vai facer un gran campionato porque sempre o fai ben e está preparada para iso.” Así mesmo, sinalou que este evento deportivo contará cun alto nivel, xa que a maioría son medallistas mundiais, incluso algunhas están nos programas olímpicos dos seus respectivos países.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.