Cabo de Cruz sae en defensa dunha familia que sufriu un ataque homófobo

28 Xuño 2021
Foto IG

O sábado pola mañá a vivenda de Pablo Chouza, vinculado ao mundo da fotografía amaneceu con pintadas en toda a fachada despois de que, un día antes, colgase a bandeira LGTBI nunha das súas xanelas. “Casa do maricón” “Maricón” na porta, unha bandeira de España pintada con spray e “España” en letras vermellas son o acto vandálico que sacudiu a aldea de Cabo de Cruz, en Boiro.

A bandeira colocouna o venres pola tarde e o sábado pola mañá, cando saíu a facer uns recados, atopouse coas pintadas na porta da súa casa. A súa primeira reacción foi buscar á súa familia para que visen o que ocorrera e posteriormente presentou a denuncia correspondente ante a Garda Civil.

Salientable foi a resposta de todos os veciños, amigos, coñecidos, non coñecidos, e xente chamando á porta de Pablo para darlle apoio, ofrecendo a súa axuda para limpar as pintas se fose preciso. Clubs deportivos e o propio Concello de Boiro tamén sumaron forzas neste caso e na casa do concello boirense xa se pode ver a bandeira arco da vella, que agora engalana todo Cabo de Cruz despois dunha onda de pedidos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.