Ferido un motorista en Boiro

27 Xuño 2021

Un motorista resultou ferido nun accidente rexistrado cara ás tres da tarde na avenida da Constitución, no centro urbano de Boiro.

O accidente tivo lugar entre un coche e unha moto. Da colisión tivo constancia o 112, pasadas as tres e media da tarde, cando unha persoa chamou solicitando asistencia para un motorista ferido, na Avenida da Constitución, logo de sufrir un choque contra un turismo.

Para acudir ao lugar, foron avisados polos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia os axentes da Policía Local, os Bombeiros de Boiro, os membros do Servizo Municipal e o 061. Ao remate, o 112 Galicia foi informado de que a persoa necesitou ser trasladada en ambulancia.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.