Valle-Inclán, residente da Pobra desde fai un século

02 Setembro 2019

20190902. A Pobra do Caramiñal celebrou este domingo a Festa do Centenario de Valle-Inclán na Curota para conmemorar os 100 anos daquela fotografía onde o escritor aparece subido nun carro de vacas nunha romaxe organizada pola veciñanza pobrense para festexar o feito de que trasladara o seu domicilio ao municipio, declarando na prensa nacional e internacional que se convertía así en residente. Para tal efeméride, a vila trasladouse ao pasado a través dunha ampla programación e 12 horas de troula ininterrompidamente.

Así, a cita constou de xantar campestre no miradoiro de Valle-Inclán, roteiros, figurantes e romaxe itinerante, entre outros. Ademais, o Cantón da Leña engalanouse de época para acoller o mercado tradicional con palilleiras, sancosmeiros, oleiro e postos de comida e bebida.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.