O BNG alerta do impacto dos proxectos eólicos mariños de Iberdrola sobre a pesca

25 Xuño 2021

O BNG, a través da súa deputada Rosana Pérez (A Pobra do Caramiñal 1964), puxo de manifesto este venres 25 a súa postura respecto dos proxectos eólicos mariños que prepara a compañía eléctrica Iberdrola no noso litoral, na Mariña e en Ortegal, que para o grupo nacionalista “prexudicarían gravemente a pesca e o marisqueo”. O BNG pediu que se prohiba que as grandes eléctricas se beneficien de fondos europeos en detrimento do sector pesqueiro galego.

A deputada da Pobra reclamou a “retirada” dos proxectos e anunciou diversas iniciativas, no Congreso e Parlamento galego así como encontros cos sectores máis afectados para recoller as diferentes demandas contra o modelo eólico mariño do PP destinado a beneficiar “ás grandes empresas eléctricas sen que a produción enerxética reverta en Galiza”.

En comparecencia pública ante os medios de comunicación, a nacionalista explicou que “o 26 de maio tivo lugar un pacto no Parlamento galego entre PP e PSOE para abrir a porta a implantación da eólica mariña na costa galega”. Con este acordo, denunciou a deputada, “PP e PSOE rachaban o consenso político acadado na Cámara galega en maio do ano 2009”. Hoxe, de feito, recalcou, “o Goberno do Estado dálle a razón ao BNG ao suspender a presentación de todos os proxectos de parques eólicos mariños até a elaboración dun novo marco normativo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.