Actívase a plataforma de Medio Ambiente para incentivar o asentamento nos inmóbeis baleiros do rural

25 Xuño 2021

Este 25 de xuño activouse finalmente a plataforma dixital para frear o despoboamento no noso rural e incentivar, a través dun banco de datos online, a residencia naqueles lugares do noso territorio que máis estean a sufrir o abandono de poboacións e o éxodo cara as cidades. A iniciativa, presentada en Sober (Lugo) pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, é unha ferramenta prevista na Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas.

A plataforma, polo momento, só ofrece información relativa a inmóbeis localizados no dito concello da Ribeira Sacra lucense, que foi o municipio escollido para realizar a experiencia piloto de lanzamento.

A conselleira fixo un chamamento ao resto de entidades locais galegas con núcleos rurais en situación de abandono a sumarse e seguir o exemplo de Sober, un concello “pioneiro en canto ao uso e aproveitamento desta nova ferramenta dixital co obxectivo de atraer poboación”.

Para estender esta proba piloto ao resto de Galicia, a responsábel autonómica incidiu en que a Xunta necesita do apoio e da cooperación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), dos administradores de fincas e do sector inmobiliario. Ao fío disto, a presentación da plataforma complementouse coa sinatura dun protocolo de colaboración co presidente da FEGAMP, Alberto Varela, co presidente do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, Martín Bermúdez de la Puente, e co presidente do Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da Coruña, Herminio Carballido, co fin de “contribuír á difusión desta nova ferramenta entre todos os seus beneficiarios potenciais”.

Ángeles Vázquez explicou que a plataforma está aberta á participación dos concellos, que poden incorporar información sobre as zonas e lugares en situación de abandono que hai nos seus respectivos termos municipais; aos particulares con inmóbeis neste tipo de núcleos, que botarán man da ferramenta para sacar ao mercado as súas propiedades; e tamén ás persoas interesadas en mercar ou alugar inmóbeis nun entorno rural.

“O obxectivo da plataforma é a rehabilitación, o fin é a loita contra o despoboamento e o fin é poñer en valor espazos abandonados como o que hoxe visitamos en Sober”, declarou.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...