Convocado en Boiro un proceso selectivo para unha lista de contratación de peóns de servizos varios

25 Xuño 2021

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha lista de contratación de peóns de servizos varios. A oferta de emprego será temporal, segundo as necesidades concretas do departamento de obras e servizos municipais.

Desta forma, poderanse acceder ás prazas a través dunha oposición. As persoas candidatas deberán cumprir unha serie de requisitos: estar en posesión da titulación de, como mínimo, 2º da ESO ou equivalente, ter cumpridos os 16 anos, posuír as capacidades físicas e psíquicas para o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo e non estar afectado/a por motivos de incapacidade.

En canto á fase de oposición, esta consistirá na realización de tres exercicios de carácter eliminatorio. O primeiro será realizar un cuestionario de 30 preguntas tipo test sobre a lei de prevención de riscos laborais, coñecemento do entorno físico e xeográfico do municipio, maquinaria e ferramentas de traballo ou nocións básicas de albanelería, xardinería e pintura. O segundo exercicio incluirá a realización de probas prácticas relacionadas coas actividades a desenvolver no posto de traballo e o último exercicio consistirá na acreditación do nivel de galego esixíbel.

Os interesados en participar terán cinco día hábiles a contar dende o 28 de xuño para presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello de Boiro ou a través da sede electrónica.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.