Concertos, actividades para nenos e un mercadiño artesanal animan esta finde as rúas de Bandourrío, en Ribeira

26 Xuño 2021

O panorama festivo das nosas localidades comeza xa súa a gráfica ascendente propia do verán, compaxinando á perfección uns carteis completiños de actividades coas máis rigorosas medidas de seguridade sanitaria. Esta fin de semana é a quenda do histórico barrio de Bandourrío en Ribeira, que celebra as súas festas de verán.

As actividades comezan o venres, cun concerto de Adolfo FH no Desván. Ao día seguinte a xornada comeza con bombas de palenque ás 9.00 horas e prosegue pola tarde, ás 18.00 horas, con inchables de auga para as nenas e nenos. Ás 20.00 horas está previsto un torneo de futbolín organizado polo Retablo e ás 22.00 un concerto a cargo de Os Viqueiras.

O barrio de Bandourrío nunha imaxe de décadas pasadas (JOFERPA)

Ao día seguinte, domingo 27, a festa comeza ás 11.00 horas cunha ruada a cargo de Os Liantes (Artes), para despois, ás 12.30 horas, celebrarse unha misa na honra da Virxe do Socorro na Igrexa Parroquial de Ribeira. Ao seu remate, ás 13.15, actuará a banda The Blow na praza de Teruel, en Bandourrío. Polo serán, ás 21.00 horas, celebrarase a Gala Tahúme Fin de Curso 2021.

Amais de todo o devandito, o domingo celebrarase durante toda a xornada un mercadiño artesanal na praza de Teruel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.