Este domingo chega a proba ciclista V Trofeo Patrocinador Concello de Boiro 2021

24 Xuño 2021

O Concello de Boiro anunciou este mércores 23 a súa implicación no V Trofeo Patrocinador do Concello de Boiro 2021 que organiza o Club Ciclista Barbanza e que se vai celebrar o vindeiro domingo 27 de xuño. Na presentación estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro; e os directivo do CC Barbanza, Santi Cajaraville.

A proba, para categorías máster e xuvenil, vai constar dun percorrido de 95 quilómetros con dous tramos de montaña. Os competidores en Master 50-60 farán a metade do percorrido, cunha volta soa ao circuíto, e nas demais categorías os deportistas abordarán o itinerario completo con dúas voltas ao circuíto.

O trazado terá o punto de partida na praza de Galicia e pasará polo casco urbano para chegar logo a Cespón, en dirección Rianxo, onde pasará por Leiro, Palleiro e enfiará cara a Catoira onde subirá por Bexo e regresará a Boiro por Vilariño, a zona de Cimadevila, Espiñeira, Goiáns e chegada á meta na praza do Concello. As saídas de todas as categorías faranse á vez, ás 10.00 horas da mañá e está previsto que a proba acabe sobre as 13.30 horas.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, animou á veciñanza de Boiro dos demais municipios polos que transcorre esta proba a que se acheguen a vela e a desfrutar deste evento deportivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.