O Goberno estima que as obras da nova comisaría de Ribeira estarán finalizadas no mes de agosto

23 Xuño 2021

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a presidenta de SIEPSE (Sociedad de Infraestructuras y Equipamientos Penitenciarios y de la Seguridad del Estado), Mercedes Gallizo, fixeron este 23 de xuño unha visita ás obras da nova Comisaría situada na avenida das Airós de Ribeira: unha actuación que está a afrontar o seu treito final sendo as previsións de remate o vindeiro o mes de agosto.

Na estadía no novo inmóbel tamén participaron, entre outros representantes de diversas administracións e institucións, a primeira tenente de alcalde María Sampedro; o comisario da Policía Local de Ribeira, Diego Amaya; outros membros da Corporación ribeirense; e representantes da empresa encargada da construción do edificio, Obras y Servicios Gómez Crespo. A nova comisaría comporta un investimento de 2.592.519 euros. Conta con catro andares e, entre outras dependencias, contará con oficinas de atención ao cidadán, expedición de DNI, grupo local de seguridade cidadá, arquivo, galería de rito ou armería.

Equipamentos

Unha vez conclúa a obra, só restará dotar de equipamentos á infraestrutura, o que xa está en licitación.

Para a construción do novo inmóbel (que substitúe o xa existente na avenida Miguel Rodríguez Bautista de Ribeira) o Concello de Ribeira aportou os terreos onde se levanta, de máis de 2.100 metros de extensión. Nas súas inmediacións situarase o futuro Punto de Encontro Familiar de Barbanza, tamén en obras.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.