A Xunta informa aos empresarios de Ribeira dos apoios postos en marcha para impulsar a reactivación

22 Xuño 2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión de traballo coa Asociación de Empresarios de Ribeira para trasladar as medidas que a Xunta está poñendo en marcha para a reactivación empresarial e escoitar as suxestións da entidade.
A Xunta leva destinados 587M€ a través dos tres Plans de Rescate activados e das axudas directas deseñadas para atender as necesidades máis urxentes de pemes e autónomos. Conde lembrou, tamén, a oportunidade que suporán os fondos europeos Next Generation para a recuperación e insistiu na necesidade de abordar a transformación dixital do tecido empresarial e do comercio galego. Neste sentido, durante o mes de xuño, autónomos e pemes poderán acceder a 17M€ en distintas liñas de axudas destinadas a este fin. Tamén se abordou a importancia de avanzar na mobilidade sostible.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse coa Asociación de Empresarios de Ribeira. foto xoán crespo 22/06/2016

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.