O Concello de Boiro fai un chamamento á cidadanía para evitar contaxios en San Xoán

21 Xuño 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 21 de xuño unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19. Segundo se fixo saber na xuntanza, na última semana non se detectaron novos casos positivos no municipio “polo que os positivos activos seguen en descenso e o municipio se mantén no nivel máis baixo de restricións”. Porén, os integrantes da Comisión fixeron un chamamento á cidadanía para que siga velando por todas as medidas de prevención decretadas, sobre todo durante os festexos de San Xoán, para evitar que se produzan contaxios.

Así, malia que as cacharelas en terreo público non están permitidas, a Comisión considera que a festividade en si mesma pode ser en potencia unha circunstancia de risco, polo que convida a que se manteñan as medidas de seguridade nas propiedades privadas.

Na sesión tamén se compartiu o traballo recente do departamento de Servizos Sociais, que continúa co control e seguimento dos casos positivos que poidan aparecer para detectar as posíbeis necesidades derivadas das persoas con positivo en COVID-19 como son a recollida de lixo ou entrega de alimentos e outros artigos de primeira necesidade.

Polo que respecta ao labor da Policía Local de Boiro, segue a realizar tarefas de control para vixiar que se cumpran as medidas decretadas polas autoridades sanitarias (nos últimos días realizouse unha denuncia a un local polo incumprimento do horario de peche).

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.