A Xunta dará a opción de activar o Carné Xove por vía electrónica a partir do luns

20 Xuño 2021

O Goberno galego habilitará un formulario para que aqueles que reciben a tarxeta por primeira vez, que ata agora debían desprazarse para activala, poidan facelo desde a súa casa.

Recollida no Barbanza

As oficinas municipais de información xuvenil (OMIX) de Boiro, Ribeira e Muros recollerán os carnés xove dos seus veciños e dos municipios da súa contorna para realizar o proceso de activación no Espazo Xove de Noia sen ter que pedir cita previa. Logo de activalos devolverase os carnés aos concellos para que cada usuario poida recollelos.

As mozas e mozos galegos poderán activar o Carné Xove tamén por vía electrónica. A Xunta de Galicia habilitará un formulario na rede para que aqueles que reciben a tarxeta por primeira vez e non poden desprazarse para activala, poidan facelo desde a súa casa. De igual xeito, os 36 puntos de activación presenciais seguirán dispoñibles.

A Xunta de Galicia está a enviar aos máis de 400.000 mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos esta tarxeta de xeito gratuíto aos seus fogares. Aqueles que con anterioridade ao envío xa tiveran o carné, simplemente recibirán un novo coa imaxe actualizada da tarxeta e xa estará listo para utilizar. Aqueles que non tiñan Carné Xove deberán activalo, ben nalgún dos 36 puntos habilitados en toda a Comunidade ou ben por vía electrónica.

Se a activación se fai a través da rede, a partir das 12.00 horas do vindeiro luns habilitarase na web de Xuventude un formulario no que os novos usuarios terán que cubrir os seus datos. No paso duns días recibirán o código de identificación EYCA (European Youth Card) ao correo electrónico de referencia. Unha vez recibido, deberase anotar o código manualmente na tarxeta, en concreto, no apartado número de carné.

É preciso destacar que este número de identificación, persoal, é necesario para desfrutar das vantaxes que ofrece este carné tanto na comunidade galega como en España ou nos resto de países da Unión Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.