O Museo de Artes retoma esta fin de semana o seu curso de gravado adiado en xaneiro

17 Xuño 2021

O Museo do Gravado de Artes vai realizar esta fin de semana un novo curso de gravado, unha actividade formativa que ficaba pendente dende xaneiro e que non se puido desenvolver no seu día debido á pandemia.

Pastor Rodríguez, director do Museo do Gravado de Artes

Agora, materializarase entre 18 ao 20 de xuño baixo o seguinte horario:

-Venres, 18 de xuño 2021: de 16.00 a 20.00 h

-Sábado, 19 de xuño 2020: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h

-Domingo, 20 de xuño de 2020: de 10.00 a 14.00 h

O curso de gravado á pluma será impartido polo catedrático de gravado José Fuentes Esteve e Antonio Navarro, da USAL (Universidade de Salamanca) e onde participan 12 alumnos/as procedentes de Cáceres, Salamanca, Pontevedra, A Coruña e a comarca do Barbanza.

O Museo, coma en accións formativas previas, quixo poñer o foco en traballar “coas figuras máis representativas do Rexurdimento Gallego”, de aí que o curso agora retomado colla a inspiración, desta volta, na obra de Rosalía de Castro (escolma de poemas do libro Follas Novas) e nun conto do escritor Álvaro Paradela, que se titula Rosa de Laíño, en homenaxe á autora do Sar.

“A nosa idea é realizar unha exposición homenaxe ás figuras de Rosalía de Castro e Álvaro Paradela coa edición dun libro ilustrado coas creacións do curso”, explicou Xoán Pastor Rodríguez, responsábel do Museo de Artes.

O domingo, ás 14.00 horas, realizarase a entrega de diplomas para o alumnado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.