O BNG de Ribeira pide pór a punto as instalacións do Conservatorio de Música Enrique Paisal

14 Xuño 2021

O BNG de Ribeira solicitou ao Concello unha mellora nas instalacións do Conservatorio Profesional de Música Enrique Paisal, aumentando os contratos e as horas do profesorado, co fin de atender a demanda do alumnado.

O concelleiro Luís Pérez Barral explicou que “o centro precisa dunha reforma integral de maneira urxente que permita a insonorización das aulas que eviten o ruído do tráfico ou atallar as humidades e o frío que rexistra no inverno e as altas temperaturas que se rexistran coa chegada do bo tempo”.

Ademais, sinalou que “a humidade se estende polos tres andares e provoca a aparición de fungos que poden prexudicar a saúde do alumnado e do profesorado”.

Tamén lembrou que o profesorado “atópase actualmente con contratos de menos de 30 horas” e isto, dixo, “provoca serios inconvenientes á hora de impartir as aulas, tendo que aglutinar tantos instrumentos como poden nunha mesma aula para os cales non existe repertorio común ou, simplemente, o seu conxunto non ten un interese nin musical nin didáctico para o alumnado”.

Desta forma, o partido nacionalista pídelle ao Goberno local novas medidas para emendar os problemas acontecidos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...