Cribaxe na Pobra á tripulación do barco Montelaura

10 Xuño 2021

A Consellaría da Sanidade efectuará no domingo 13 unha cribaxe aos 14 tripulantes do barco Montelaura, un buque frigorífico procedente de Costa de Marfil. Segundo informou o Concello, a medida dácontinuidade á realización de probas aos navegantes que arriban ao peirao comercial da Pobra do Caramiñal, tal e como xa se fixo no 31 de maio aos 16 mariñeiros do navío Nova Zeelandia.

A toma de mostras practicarase nun espazo cedido polo Club Remo Puebla e contarase coa colaboración das voluntarias e voluntarios da Protección Civil.

A Administración local expresa o seu agradecemento ás entidades referidas, así como a Consignaciones Barbanza pola disposición amosada e ao Sergas, concretamente a Medicina Preventiva, por posibilitar tódalas cribaxes que se veñen realizando no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...