Trobar do Ar preséntase este venres en Rianxo

10 Xuño 2021

O Auditorio de Rianxo acolle este venres 11 ás 20.30 horas a presentación de Trobar do Ar, libro de poesía de Xosé Manuel Lobato, achegado por Medulia Editorial. O autor estará acompañado no acto de presentación por Xosé Ricardo Losada (profesor e escritor rianxeiro) e polo alcalde Adolfo Muíños Sánchez.

Segundo fai saber Medulia Editorial, Trobar do Ar é “unha proposta de xorne irracionalista na que os contidos e as mensaxes, non sempre nidias, harmonízanse con imaxes procedentes do ensoño para construir unha totalidade simbólica, parella á convencional, na procura dunha realidade profunda atemporal e certeira, oculta detrás das apariencias”.

A entrada será de balde, aínda que con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do xoves 10 de xuño, a través de formulario na web municipal (preferente), ou no telf 981 100 688. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...