En Boiro o Campus Obradoiro vaise celebrar do 5 ao 9 de xullo da man de JEALSA

09 Xuño 2021

O Concello de Boiro colabora na organización do VIII Campus de Verán Jealsa- Obradoiro que se vai celebrar entre os días 5 e 9 de xullo de 2021 en Boiro. Na presentación, que se realizou esta mañá no Concello de Boiro, participaron o alcalde, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o conselleiro de Monbus Obradoiro, Óscar Rodríguez; o director de márketing de Monbus Obradoiro, Daniel Agra; e a directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo.
A actividade está dirixida para nenos e nenas de entre 6 e 18 anos, divididos nas categorías Babybasket, Premini, Mini, Infantil, Cadete e Junior. O Campus vaise celebrar nas instalacións deportivas do CEIP Santa Baia, e os pavillóns de A Cachada e Barraña, en horario de 9:30 a 14:15 horas do 5 ao 9 de xullo.
Toda a información sobre o Campus e as inscricións están a disposición das persoas interesadas na web www.obradoirocab.com e no teléfono de contacto 617 999 287 ou enderezo electrónico
camousboiro@obradoirocab.com

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.