JEALSA, a Cruz Vermella e a rapazada de Primaria de Boiro e A Pobra protagonizaron unha limpeza colectiva en catro praias

08 Xuño 2021

Coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos, este martes 8 de xuño o alumnado de Primaria da nosa comarca participante no programa LudiEduca, impulsado pola Asemblea da Cruz Vermella de Boiro e a conserveira JEALSA, baixou ás praias para sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de manter os mares limpos e, tamén, para mostrar activamente as cousas que se poden facer para visualizar o problema e combatelo. A actividade, na participaron máis de 200 rapaces dos municipios de Pobra e Boiro, consistiu nunha limpeza simultánea de praias en diferentes areais dos ditos concellos.

Participaron nenas de nenos do CEIP de Escarabote, o CEP Pilar Maestú Sierra, o CEP Salustiano Rey Eiras, o CEIP Praia Xardín, o CEIP Santa Baia, o CEIP Santa María do Castro o o CEIP Cespón.

“Campañas de reforestación, limpeza de praias, obradoiros de reciclaxe e outras actividades participativas, son a mellor forma de sensibilizar aos máis pequenos e sentar as bases para, entre todos, construír a sociedade do mañá”, comentou Lorena Resúa, de Cruz Vermella.

Os estudantes de entre 8 e 9 anos, acompañados polos seus profesores e voluntarios do programa LudiEduca, percorreron durante dúas horas as praias do Areal na Pobra, e Barraña, Praia Xardín e Carragueiros en Boiro, onde procederon a apañar e separar plásticos, vidro, residuos orgánicos e cabichas, material que coa colaboración dos Concellos foi depositado para o seu tratamento e reciclaxe.

Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA, manifestou o seguinte: “Hoxe en día, máis que nunca, a sociedade debe reflexionar sobre a importancia de coidar e protexer o medio en que vivimos e especialmente os océanos, a nosa principal fonte de vida e biodiversidade”. Hermo tamén puxo o foco na importancia da educación ambiental, un dos eixos sobre os que traballa LudiEduca, “transmitindo aos máis pequenos nocións tan vitais como o papel fundamental que xogan os océanos para regular o clima e a temperatura” e facendo fincapé no relevante que resulta o medio ambiente mariño para “unha comarca coma a nosa”, onde o complexo mar-industria é un factor clave no emprego e desenvolvemento económico.

JEALSA leva anos abordando a cuestión dos residuos mariños por medio do noso programa de RSC We Sea e accións como as deste 8 de xuño, en alianza coa Asemblea Local de Cruz Vermella.

Outros artigos

En Portosín xa se respira o nacional de ILCA 4

Juan Caballero (texto e fotos). A ría de Muros e Noia será escenario, do 1 ao 5 do próximo mes de maio, do Campionato de España de ILCA 4 (anterior Láser 4.7), modalidade por excelencia xuvenil na vela española e que achegará á comarca do Barbanza a 150 regatistas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....