Dous centenares de escolares baixan este martes a limpar as nosas praias na compaña de JEALSA e Cruz Vermella Boiro

07 Xuño 2021

Coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos, este martes 8 de xuño o alumnado da nosa comarca participante no programa LudiEduca, impulsado pola Asemblea da Cruz Vermella de Boiro e a conserveira JEALSA, levarán a cabo un importante e exemplar traballo de limpeza conxunto e simultáneo en diferentes areais dos concellos da Pobra e Boiro. O obxectivo é “concienciar aos máis cativos da importancia que teñen os mares para todas especies e, en consecuencia, tamén para a vida humana”.

Participan arredor de 200 escolares do CEIP de Escarabote (en Barraña a partir das 10.00 horas), o CEP Pilar Maestú Sierra (na zona da praia do Saltiño ás 10.00 horas), o CEP Salustiano Rey Eiras (na praia do Areal ás 9.00 horas), o CEIP Praia Xardín (en Barraña a partir das 10.00 horas, na entrada do paseo dende o IES A Cachada), o CEIP Santa Baia (en Barraña dende o antigo Galeón, ás 10.00 horas), o CEIP Santa María do Castro (en Carragueiros ás 10.00 horas) o o CEIP Cespón (Carragueiros ás 10.00 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.