En Porto do Son destinarase boa parte do remanente a mellorar a mobilidade, os servizos e o patrimonio das parroquias

07 Xuño 2021

O Concello de Porto do Son vai poñer o foco en realizar importantes melloras nas parroquias do termo municipal, facendo fincapé na posta a punto de estradas, espazos naturais, servizos básicos e tesouros patrimoniais. Este paquete de melloras será abordado co remanente de tesourería de 2020, que ascende a 1,2 millóns de euros, dos cales 800.000 reservaranse para este tipo de traballos.

Avenida da Constitución en Portosín

Inclúense, entre outras cousas, o mantemento do Castro de Baroña do que falamos os días pasados dende O Barbanza (destinado a amañar os estragos producidos polos temporais, principalmente, aínda que tamén polo desgaste inevitábel do elevado número de visitantes que visita o recinto castrexo cada ano), o saneamento en San Pedro (incluíndo traballos de humanización e mellora en Basoñas e Seráns) ou o acondicionamento da avenida da Constitución en Portosín para optimizar o tránsito de vehículo e as paradas de autobús.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...