Luns con ceo parcialmente nubrado e temperaturas máximas en lixeiro ascenso anticipo dunha semana de sol e calor

06 Xuño 2021

O luns as altas presións continuarán entre Azores e Galicia. Así, teremos unha xornada de ceo parcialmente nubrados no norte de A Coruña e de Lugo, quedando máis despexados na metade sur do territorio. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas estarán en lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo do nordés, máis intenso entre Estaca de Bares e Fisterra.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 0 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:023.2 m
Baixamar09:091.0 m
Preamar15:273.2 m
Baixamar21:321.1 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:523.1 m
Baixamar09:001.1 m
Preamar15:173.2 m
Baixamar21:231.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:573.2 m
Baixamar09:051.0 m
Preamar15:223.2 m
Baixamar21:281.1 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...