Ribeira, última parada de ‘Creactivity’

28 Agosto 2019

20190828. O proxecto itinerante Creactivity, impulsado por Obra Social ‘La Caixa’, recala en Ribeira co obxectivo de aprender a través de disciplinas científico-tecnolóxicas e artísticas. Esta convértese na última parada nos concellos de Arousa Norte despois de que percorrese Rianxo, Boiro e A Pobra do Caramiñal.

Trátase dun espazo-obradoiro onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a cooperación e a reflexión. O vehículo alberga o centro de operacións dun completo programa de actividades dirixido a rapazada a partir dos 7 anos.

Durante a xornada de hoxe, mércores 28, e ata o venres 30 estará emprazado na avenida do Malecón, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.