Creactivity, o espazo maker de LaCaixa, chega este mes de agosto a Rianxo

06 Agosto 2019

20190806 En verán a nosa terra énchese de oportunidade de lecer, propiamente dito, pero tamén de lecer científico e tecnolóxico. Nesta liña de achegar diversión creativa e enriquecedora á rapazada é onde se insire a xira Creactivity da Obra Social LaCaixa, que está percorrer os concellos da nosa xeografía cun amplo abano de actividades STEM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Este mes de agosto a iniciativa fai unha recalada en Rianxo, os días 19 e 20, logo das súas arribadas a Cedeira, Bueu, Mondoñedo ou Vilagarcía, entre outras localidades.

O horario da cita rianxeira será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. Trátase dun espazo de experimentación e divulgación activa para nenas e nenos a partir de 7 anos onde se practica, en palabras da Obra Social LaCaixa e o Concello de Rianxo, “a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a cooperación e a reflexión”.

Baseado na metodoloxía de traballo e formación do deseño intelixente (Design Thinking), o espazo Creactivity busca que os participantes realicen creacións e construcións científicas ou tecnolóxicas, xa sexa de forma individual ou colectiva, que respondan os retos suxeridos ou aos seus propios desafíos a través da manipulación, observación e exploración de materiais e fenómenos. O Creactivity inspírase no movemento Tinkering liderado polo Exploratorium de San Francisco.

O obxectivo último do Creactivity é “empoderar aos nenos e nenas para intervir no mundo que lles rodea”. Inspírase, tamén, no movemento mundial argalleiro: o movemento Maker, que defende un xeito colectivo de facer innovación, enxeños concretos que axuden a mellorar a nosa vida e a protexer o medio ambiente potenciando as moitas cualidades que todas as nenas e nenos levan dentro. Trátase da filosofía do “faino ti mesmo” levada ao extremo, en tecnoloxías e ciencia.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.