Os socialistas de Ribeira reclaman máis limpeza nas praias e un mellor mantemento de duchas e papeleiras

03 Xuño 2021

O PSdG-PSOE de Ribeira vén de solicitar ao Concello que incremente o labor de limpeza nas praias e o mantemento dos seus equipamentos, poñendo o foco en elementos como as duchas ou as papeleiras.

O grupo tamén reclamou a instalación de máis barreiras flotantes, para evitar que as motoras e motos de auga se acheguen a zona dos bañistas e os poñan en perigo, algo que os socialistas denuncian que aconteceu, sen ir máis lonxe, este pasado domingo.

dav

Amais, solicitan “a debida sinalización de espazos familiares con cordas nos areais” e “a planificación de zonas de salvamento naquelas praias onde sexan axeitados e preceptivos os socorristas”.

No rogo presentado ao pleno da Corporación, o PSOE de Ribeira lembra que “no mes de xuño comeza ou debera comezar a tempada de baño nas distintas praias do municipio de Ribeira, cousa que debera vir acompañada de labores de limpeza e adecuación de areais e da dotación dos elementos accesorios para un bo uso e desfrute”. Entre estes elementos os socialistas inclúen as duchas e as papeleiras, que non se atopan en moitos areais, sinalan, no mellor estado posíbel, tal e como se reflicte na fotografía.

Por todo o devandito, o grupo pide que “por parte de quen corresponda, delegación de medio ambiente, ou alcaldía, se proceda a avaliar a instalación de papeleiras nas praias do concello, e a realizar os labores de limpeza e desinfección nas duchas públicas establecidas no noso litoral”

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.