Mais de 10.000 euros no Memorial Manolo Dieste

30 Maio 2021

A figura do que foi fundador de Protección Civil na localidade volveu percorrer as rúas de Ribeira. O memorial que lembra o que fora responsable da Protección Civil percorreu esta mañá as rúas ribeirenses co obxectivo de recadar fondos para a investigación contra a leucemia.

A conta superaba os 10.000 euros, que a asociación Asotrame destinará ao punteiro proxecto liderado no CHUS polo hematólogo Adrián Mosquera. Os vencedores da carreira foron David Méndez e Sabela Pensado, que compartiron o podio con Juan Francisco Fernández e Juan Manuel Outes, así como con María Teresa Cimadevila e Clara Milleiros. Máis dun cento de persoas fixeron o percorrido de cinco quilómetros polo centro da localidade e fíxoos pasar pola sede de Protección Civil.

Quen se mostrou encantada polo devir da xornada foi a amiga de Dieste e presidenta da xunta local da AECC, María José Carreira, quen declarou que «Estamos moi contentos. A participación cubriuse a falta de máis dunha semana e a recadación saíu moi ben». A ribeirense destacou que a difusión do memorial fornecera un gran efecto e puxera no mapa á asociación Asotrame, conseguindo que moita xente descubrise o proxecto dirixido polo doutor Mosquera.

Grazas o recadado o grupo de investigación poderá contratar novo persoal para seguir dando pasos na loita contra o cancro: «Ribeira foi o arranque, pero agora van unirse máis municipios».

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.