Este domingo celébrase o Memorial Manolo Dieste

30 Maio 2021

Por iniciativa dun grupo de amigos, quen fora presidente fundador da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira, Manuel Dieste Mos, vai dar nome a unha nova carreira cun carácter solidario ligado coa enfermidade que o levou no ano 2017: o I Memorial Manolo Dieste, a beneficio de Asotrame, a Asociación Galega de Transplantados de
Médula Ósea.
María José Carreira explicou que a idea de celebrar esta iniciativa xurdiu a raíz do impulso polo hospital clínico dunha campaña de micromecenazgo para apoiar a investigación do trasplante de médula ósea, e veron nesta proba deportiva unha maneira de contribuír ao tempo que recordar a Manolo Dieste, falecido por unha leucemia.
A cita ten lugar este domingo día 30 de maio a partir das 10 horas e reunirá unhas características moi condicionadas polo covid. Así, segundo explicou Abraham Benítez, as saídas dos participantes terán lugar dende a punta do peirao de Ribeira cada dez segundos (aínda non se decidiu se tales saídas serán individuais ou por parellas). O trazado terá unha distancia de 5 kilómetros cun perfil moi chan, cunha soa volta entre o Touro e o Náutico.
Haberá un máximo de 150 prazas e as persoas interesadas poderán apuntarse a través de galitiming.com. O custe é de 6 euros.
Dorsal cero
Haberá ademais un dorsal cero para todos aqueles que non puidendo participar si queiran contribuír a esta causa. O número de conta no que aportar as doazóns é ES75 2080 0240 38 3040004920.
O alcalde Manuel Ruiz agradeceu a iniciativa e brindou a colaboración do Concello en todo o que se solicite. “Se Manolo levantara a cabeza estaría moi orgulloso dos seus amigos e da labor benéfica que a través do seu nome e a súa figura vai poder seguir adiante”, declarou.

Como consecuencia da celebración da carreira varias rúas do centro de Ribeira veranse afectadas con cortes puntuais de tráfico a partir das 10 horas. Zona portuaria, As Carolinas, Avda. García Bayón e Praza do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.