Até 74 propostas concorren este ano aos Premios PEL da Deputación

28 Maio 2021

O xurado dos Premios PEL da Deputación da Coruña reuniuse este 27 de maio na sede da institución provincial co obxectivo de avaliar ás candidaturas presentadas á cuarta edición: un total de 74. O certame dos Premios do Plan de Emprego Local repartirán 75.000 euros en premios. Estes recoñecerán empresas, concellos e asociacións empresariais. As entidades distinguidas daranse a coñecer na segunda quincena de xuño, nun acto que contará coa presenza do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o deputado da Área de Emprego, José Ramón Rioboo, e representantes do tecido empresarial da provincia.

A Deputación convocou este premio por cuarto ano consecutivo dentro das accións do Plan de emprego local (PEL), co obxectivo de “recoñecer o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, autónomos e autónomas, concellos de menos de 20.000 habitantes e asociacións empresariais comprometidos co desenvolvemento económico da provincia nun ano especialmente duro para o noso tecido empresarial”. As circunstancias COVID, de feito, fixeron que nesta edición se establecese unha categoría específica para recoñecer as iniciativas innovadoras que loitan contra a pandemia e as súas consecuencias.

Un total de 74 candidaturas presentáronse ás cinco categorías coas que conta o galardón, dotadas con 15.000 euros cada unha: Mellor Iniciativa Empresarial Nova, dirixida a autónomos/as e empresas da provincia constituídas nas anualidades 2019 ou 2020; Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada, para autónomos/as e empresas da provincia constituídas en 2015 ou con anterioridade, Mellor Iniciativa Innovadora na loita contra a COVID-19, para autónomos/as, empresas e concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que a través da súa actividade innovadora axudasen a frear a expansión da COVID-19, investigaran unha posíbel cura e/ou contribuísen dalgún xeito a paliar os efectos negativos derivados da pandemia; Concello Promotor do Emprego de Calidade, dirixida aos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes que promoven e favorecen o emprego e o emprendemento; e Mellor Asociación Empresarial, cuxa finalidade é valorizar o labor das asociacións de empresarios/as á hora de fortalecer o tecido empresarial.

O xurado estivo presidido polo presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla Ramil, mentres que o cargo de secretario desempeñouno Manuel Vázquez Sesmonde, xefe do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Medio Ambiente. Así mesmo, participaron especialistas de diferentes ámbitos relacionados co mundo da empresa e representantes de asociacións e outras organizacións de empresarios con presenza nos concellos coruñeses, como José Manuel Cotos Yáñez, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela (USC); José Andrés Faíña Medín, presidente do grupo de investigación de competencia e desenvolvemento rexional da Unión Europea da Universidade da Coruña (UDC); Rosa Mary Cardeso Trillo, secretaria da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela; Carlos Fernández Bermúdez, subdirector da Cámara de Comercio da Coruña e Emma Lustres Gómez, produtora de Vaca Films Studio, S.L.

A Coruña e Santiago presentan o maior número de candidaturas

Segundo fixeron saber, a meirande parte das 51 empresas que concorren aos premios teñen o seu domicilio nos concellos da Coruña (17) e Santiago de Compostela (7). En canto aos concellos, concorren os de Ares, Boimorto, Brión, Cerceda, Irixoa, Santiso, Sobrado dos Monxes e Vimianzo. No referente á quinta categoría, de mellor asociación empresarial, o concello de Santiago é o que presenta unha maior representación (3), seguido dos concellos de A Coruña (3) e Ferrol (2).

En canto aos ámbitos de actividade das empresas, destaca o sector servizos, especialmente as empresas dedicadas aos servizos técnicos ou tecnolóxicos, así como o comercio e os servizos de educación e formación, seguidos das actividades empresariais industriais e téxtiles.

Nos vindeiros días establecerase a data do acto de entrega de trofeos no que se darán a coñecer as empresas, concello e asociación empresarial gañadores en cada categoría.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...