Boiro festexará San Ramón de Bealo a partir deste venres

26 Agosto 2019
Cedida por Boiro Turismo

20190826. A parroquia boirense de Bealo celebrará San Ramón a partir desta fin de semana. O venres 30, xornada dedicada a San Gregorio, contará coas actuacións de Master e Unión y Fuerza. Moitos dos asistentes aproveitarán para acampar no Campo dos Outeiriños despois dunha longa xeira de troula. O propio día de San Ramón, 31 de agosto, terá lugar a Romaría, declarada Festa de interese turístico de Galicia, para renderlle culto ao patrón das parturientes. Este é un dos festexos máis antigos do territorio galego, pois data do século XVIII, e cada ano congrega a miles de persoas. Deste xeito, celebrarase a Misa cantada e procesión. Ademais, actuarán a charanga Mil9, gaiteiros da Aroña, dúo Mar D’Arousa, Emperadores e Puzzle.

Xa en setembro toca seguir. Desta maneira, o domingo 1 oficiarase a Misa cantada na honra de San Roque coa procesión e actuarán D’Moda e Tribal; mentres que o luns 2 terá lugar a Misa cantada e procesión en homenaxe da Virxe das Dores, así como a música de Ritmo Joven e Xacobeo. A Misa cantada e procesión do martes 3 serán para conmemorar á Virxe Milagrosa e a verbena correrá a cargo da París de Noia e Marbella. Finalmente, o domingo 8, estará dedicado a San Ramonciño Pequeno e haberá polbo e viño a prezos populares cun grupo de gaitas animando o ambiente.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.