Os bares que sirvan comida poderán abrir ata a unha da madrugada

20 Maio 2021


O comité clínico que asesora ao Goberno autonómico en materia de coronavirus aceptou a proposta para que bares de tapas e establecementos similares, sen licenza de restaurante pero que ofrezan comidas, poidan atender ao público ata a 1 da madrugada.
Ata o de agora, este horario só tíñano concedido os locais de hostalería con licenza de restaurante, o que primeiro lles facilitou abrir ata as 23 horas e, tras o levantamento do toque de queda, ata a 1.00 da madrugada.


Con este acordo, será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrará en vigor o sábado ás 00.00, segundo a información facilitada este xoves pola Xunta, agora tamén se estenderá o horario aos locais como taperías ou casas de comidas.
Iso si, van manter o mesmo tipo de requisitos que xa se esixían aos restaurantes: medidor de CO2 e rexistro de clientes. Os restaurantes tamén teñen instaurada a cita previa e a reserva.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.