O BNG urxe á Xunta a axilizar a vacinación, aínda pendente, entre traballadoras e traballadores do mar

19 Maio 2021

A través dunha  proposición non de lei defendida pola deputada, Rosana Pérez, o BNG instou á Xunta  a levar a cabo con “urxencia” a vacinación “aínda pendente” das  traballadoras e traballadores do mar.

Na súa intervención, a parlamentaria do BNG afirmou que a xestión da pandemia, por parte da Xunta  foi “caótica e propagandística” e de total desinterese  polas  traballadoras e traballadores do mar.  Neste sentido, explicou que  a consellería do Mar limitouse a cumprir os mandados de Madrid.  Para a deputada, a  vacinación ao sector do mar non é unha cuestión de hoxe nin de onte, vén de lonxe. En decembro do ano pasado, a Asemblea da Nacións Unidas instou aos estados a designar ás xentes do mar como “traballadores e traballadoras esenciais” e implementar, entre outras medias, a de recibir a vacinación.

A recomendacións da ONU viñan precedidas por informes de expertos que confirmaban a imposibilidade de garantir a bordo as medidas preventivas básicas para atallar a COVID-19. Durante a pandemia, relatou Rosana Pérez, foron moitos os mariñeiros afectados polo virus e sometidos a  corentena. Todos os colectivos internacionais, estatais e galegos solicitaron a vacinación do sector e  en Galiza, dixo,  no mes de febreiro co inicio das costeiras da xarda e bocarte, o sector reclamou ser vacinado.

Por outra parte, engadiu a deputada,  a propia Confederación de Confrarías e a AETINAPE se pronunciaron tamén nesta liña ante a ausencia de información da consellaría ao respecto. A Xunta, recalcou, ten  “competencias en materia de sanidade” pero as alarmas acendese no Partido popular no mes de marzo cando o goberno vasco anunciou que comezaría a vacinar a todos os seus mariñeiros, decisión que foi criticada pola conselleira do Mar en Galiza por considerar que o goberno vasco non respectaba os acordos de Madrid.  Resulta “incríbel” que se critique a un goberno por executar as súas competencias, sentenciou.

Quince días máis tarde, a medidos do mes de abril,  Rosa Quintana anuncia que o ISM vacinará aos mariñeiros e agora, a mediados de maio, “a vacinación  do sector comezou  hai cinco días”. Neste sentido, volveu a insistir na necesidade de axilizar a vacinación dos mariñeiros, aínda pendentes.

Máis de dous meses de que o País vasco vacinara aos seus mariñeiros, “Galiza,  continúa problemas”. As  tripulacións  dos barcos de altura de Marín non teñen noticias sobre a vacinación e sector pesqueiro da Coruña, a piques de saír ao mar,  tampouco.

Tras a intervención do popular, Pazos Couñago, Rosana Pérez replicou que o goberno da Xunta non pode defender a súa lealdade ao Consello interterritorial para agochar a “súa caótica xestión política  da pandemia e da vacinación en Galiza”.

A día de hoxe,  hai colectivos do mar que descoñecen cando serán vacinados, “mentres Feixóo quere ofrecer vacinas aos turistas”, concluíu.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...