O CCG retransmitiu dende a súa web o Concerto das Letras Galegas

17 Maio 2021

O Consello da Cultura Galega (CCG) organizou este 16 de maio o seu tradicional Concerto das Letras Galegas, que chegou á súa undécima edición na compaña de LauraLaMontagne e PicoAmperio, xuntando lírica medieval galego-portuguesa con hip hip e, tamén, dando cabida a unha sentida homenaxe á poeta Xela Arias, a quen se adica este ano a festa do 17 de maio. O concerto esgotou as súas entradas e contou coa presenza de numerosas autoridades como a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o alcalde de Vigo, Abel Caballero e outras figuras do mundo da sociedade e da cultura. O concerto retransmitiuse en directo desde a web do CCG e o da CRTVG, e poderá verse na G2 no propio Día das Letras Galegas, este luns 17 de maio.

Dolores Vilavedra, secretaria do Consello da Cultura Galega, lembrou no único discurso desta cita que “preparamos un concerto ao que pensamos lle gustaría ir á propia Xela”. Ademais, expresou que “está especialmente dedicado á xente nova. A esa mocidade que fixo un esforzo cotiá de disciplina, día a día, mes a mes desde o inicio da pandemia” nunha chiscadela clara á aposta da institución polos novos creadores e creadoras que participaron na programación deseñada polo CCG para o Día das Letras Galegas.

O repertorio partiu con re-interpretacións de Avelaneiras Frolidash, Atalaia, Banharemonos nas Ondas, Porque no Mundo Mengou a Verdade ou a súa coñecida versión da Senhora do Almortâo coa que foron subindo a atmosfera ata chegar á parte central, onde mesturaron o seus sons cos versos da poeta Xela Arias a modo de collage.

Era tamén a primeira vez que o Concerto das Letras Galegas tiña lugar en Vigo. Ata alí se desprazou boa parte da familia de Xela Arias; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias; así como a comisión executiva do Consello da Cultura Galega e outras figuras representativas da sociedade e da cultura galega. As entradas esgotáronse con máis dunha semana de antelación e encheuse dentro das medidas de seguridade marcadas pola crise sanitaria.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.