O camiño xacobeo A Orixe aterrará novamente no salón FITUR

14 Maio 2021

A Mancomunidade Barbanza Arousa estará este mes de maio no salón FITUR, o evento turístico máis importante do ámbito estatal, para dar conta dos moitos atractivos da nosa comarca. En concreto, presentará a iniciativa A Orixe, que é como se coñece o percorrido do Camiño de Santiago que parte de Corrubedo e atravesa os concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, constituíndose como o único destino que permite obter a acreditación Compostela por terra e por mar. Barbanza Arousa aterrará por segundo ano consecutivo en FITUR, que terá as súas portas abertas dende o 19 de maio até o 23 do mesmo mes.

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, nunha imaxe de arquivo da presentación da Orixe, acompañado dos restantes alcaldes da mancomunidade

A Orixe é un proxecto no que a Mancomunidade traballou man a man coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe. Segundo avanza a nosa entidade turística, o itinerario milenario e o seu completo trasfondo histórico e cultural serán dados a coñecer nesta edición do salón poñéndose o foco na súa dupla vertente: esta ruta xacobea, xunto coa Ruta Mar de Arousa Río Ulla converten a Barbanza Arousa no único destino no que se pode obter a Compostela pola vía marítima, Ruta Mar de Arousa Río Ulla, e pola vía terrestre, Camiño do Barbanza – A Orixe.

A presentación terá lugar na caseta de Turismo de Galicia o mércores día 19 de maio ás 18:00 horas e poderá seguirse en directo por streaming a través da páxina web barbanzarousa.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.