O Concello de Ribeira organiza o Concurso Literario Escolar das Letras Galegas

14 Maio 2021

O Concello de Ribeira vén de poñer en marcha o Concurso Literario Escolar das Letras Galegas, con motivo da festividade deste luns 17 de maio, adicada este 2021 á poeta Xela Arias. Este ano o certame ribeirense celebra a súa 29ª edición e está destinado ao alumnado do municipio con idades comprendidas entre os 7 e os 13 anos.

O concurso terá tres modalidades: poesía, prosa e banda deseñada. A temática debe ser orixinal, libre e en lingua galega. Concretamente, a poesía e a prosa teñen que ter máximo 25 versos, mentres que a banda deseñada pódese escribir en 2 folios.

Todos os traballos estarán identificados co título e co pseudónimo, pero sen sinatura. En caso de presentar as obras do centro de ensino, haberá que asinalas con cadanseu pseudónimo, e entregaranse nun sobre no que se incluirá outro sobre pechado coa listaxe de participantes, centro de ensino, modalidade, idade, nome e apelidos, pseudónimos e títulos de cada obra.

En total, o xurado premiará aos 3 mellores traballos de cada categoría. Os agasallos consistirán en varios lotes de libros. Desta forma, o prazo para entregar as obras será do 24 e o 28 de maio no Centro Cultural Lustres Rivas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.