Boiro vén de adquirir unha cadeira elevadora de emerxencias para a agrupación municipal de Protección Civil

13 Maio 2021

O Concello de Boiro vén de adquirir unha cadeira elevadora de emerxencias para ser empregada polos operarios do servizo municipal de Protección Civil. Os membros da agrupación de Protección Civil de Boiro recibiron esta mañá unha demostración do funcionamento da cadeira na base da propia agrupación, na que estiveron tamén presentes o tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus.
Este cadeira é unha demanda do persoal da agrupación local que, cada vez con máis asiduidade, recibe chamadas para colaborar cos servicios de emerxencia en levantar a persoas caídas. A funcionalidade desta cadeira é transferir a unha posición sentada ou de pé a persoas, sobre todo de idade avanzada ou con problemas físicos, que sufriran unha caída accidental.
A cadeira levase desmontada ao lugar da caída e pode ensamblarse facilmente en moi pouco tempo, podendo ser manexada por unha soa persoa, permitindo levanta a unha persoa caída do chan en tan so uns minutos, con esforzo mínimo e sen causarlle dano.
Con esta adquisición o Concello de Boiro aposta pola mellora dos servizos en materia de emerxencias xa que a agrupación local de Protección Civil presta servizo de atención de urxencias sociais e outras emerxencias durante as 24 horas do día.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.