Os portos deportivos de Portosín e Boiro, reciben o distintivo de calidade bandeira azul

13 Maio 2021
Real Club Náutico de Portosín,

Once portos deportivos galegos, enytre eles Portosín e Boiro-Cabo de Cruz, veñen de ser galardoados co distintivo de calidade Bandeira Azul que cada ano outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) de cara á tempada estival.
Nesta edición de 2021 recibiron Bandeira Azul as dársenas de Ribadeo, Real Club Náutico de Portosín, Club Náutico Boiro, Real Club Náutico da Coruña, Sadamar, Club Náutico de Sada, , Cangas, Real Club Náutico de Sanxenxo, Nauta Sanxenxo, Monte Real Club de Iates de Baiona e Club Náutico de Portonovo. Como ente xestor do sistema portuario autonómico, Portos de Galicia felicita aos xestores destas instalacións náuticas por este recoñecemento e valora o esforzo realizado polos clubs náuticos, marinas e empresas especializadas para cumprir cos esixentes parámetros avaliados para acceder ao distintivo. Neste sentido, o ente presidido por Susana Lenguas
lembra que, coa súa obtención, os xestores náuticos sitúan as instalacións galegas como referentes estatais no sector da náutica de recreo.
A distinción Bandeira Azul certifica a calidade das instalacións náuticas en diversos aspectos como a prestación de servizos de calidade aos usuarios, a ordenación e limpeza das instalacións portuarias, a elaboración de programas de sensibilización ambiental ou a implantación de sistemas de xestión ambiental.

Naútico Boiro- Cabo de Cruz

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...