No Son, a festa das Letras contará coa presenza de Malasombra e o seu espectáculo Go On!

11 Maio 2021

Logo do espectáculo de Marita Martínez, este 15 de maio, a festa das Letras Galegas continúa en Porto do Son uns días máis tarde, coa compañía Malasombra Producións, que representará a súa odisea cómica no espazo galego: Go On!.

Co patrocinio de Cultura da Deputación da Coruña, trátase dunha comedia escrita por José Luís Prieto, dirixida por Marcos Orsi e interpretada por Xoque Carbajal e Jouse García.

Este espectáculo representarase na mesma xornada do 17 de maio, Día das Letras Galegas. As entradas xa están a venda na Casa da Cultura, entre as 12.00 e as 14.00 horas. Go On! é unha obra na que Carbajal e García preséntanse como exploradores espaciais cunha misión: descubrir Galicia, polo que inician un percorrido humorístico polas distintas tradicións da nosa terra.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.