O Concello de Ribeira fai un chamamento á cidadanía para buscar as áreas que non dispoñen dunha cobertura suficiente de banda larga

10 Maio 2021

O Concello de Ribeira solicitou a colaboración da cidadanía para procurar aquelas zonas que non conten con cobertura suficiente de banda larga. A iniciativa foi presentada na mañá deste 10 de maio pola concelleira de administración, innovación tecnolóxica e transparencia, atención e participación cidadá, Ana Barreiro.

De feito, esta idea xurde a raíz dunha proposta do Goberno Central, que consiste na elaboración dun listado de zonas potenciais de actuación e recepción de axudas.

As bolsas enmárcanse no eixo do Plan de Colectividade e Infraestruturas Dixitais, que ten unha dotación de 2.320 millóns de euros.

Desta forma, o Executivo estatal realizou unha listaxe preliminar de zonas e abriu de prazo ata o 29 de maio para que os interesados formulen as súas observacións e propostas de rectificación.

Os veciños poden presentar directamente as súas alegacións a través do formulario que aparece na páxina web específica do Goberno ou tamén a través dun formulario habilitado en www.ribeira.gal. Neste formulario calquera cidadán que o desexe poderá informar dunha zona con cobertura escasa ou inexistente dentro do termo municipal (ben indicando a referencia catastral do mesmo ou ben a rúa ou lugar no que se atopa). Disporán de prazo ata o domingo 23 de maio á medianoite e, unha vez recompilados todos os datos, serán tidos en conta para formular ante o Estado as alegacións pertinentes por parte do Concello.

A listaxe provisional, elaborada polo Goberno Central, recolle que dentro do municipio de Ribeira hai un total de 164 zonas brancas e ningunha zona gris.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.