Boiro segue en nivel baixo de restricións

10 Maio 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 10 de maio unha nova sesión da Comisión de Seguimento e Evolución da COVID-19, que se realiza de xeito semanal para coñecer o nivel da indecencia da pandemia no municipio e determinar as mediadas de prevención a desenvolver para os vindeiros días.

Na sesión reflectíronse novamente datos da Consellería de Sanidade, que informa de que o municipio continúa no nivel baixo de restricións.

Amais, fíxose saber que o departamento de Servizos Sociais segue a coordinar as necesidades derivadas das persoas con positivo por coronavirus, tales como son as necesidades de recollida de lixo ou entrega de alimentos e outros bens de primeira necesidade.

Tamén se informou de que a Policía Local realizou na última semana un total de 2 denuncias por incumprimento das restricións da COVID-19, unha delas polo uso indebido de máscara e outra polo incumprimento do toque de queda.

Dende o levantamento do estado de alarma na madrugada do sábado, non se produciron incidencias nin se tiveron que tramitar novas sancións, engadiuse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.