Benestar de Porto do Son celebra o Día da Saúde da Muller con dúas formacións de balde

10 Maio 2021

A Área de Benestar Social do Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (dependente da Consellería de Sanidade), impulsa no mes de maio dúas accións formativas para conmemorar o Día Internacional da Saúde da Muller, este vindeiro 28 de maio. Con este motivo, van desenvolverse dous cursos de balde, nos cales a saúde e os coidados da muller serán os temas centrais.

· 27 de maio. Abordarase a necesidade de promover a saúde física, emocional e social das mulleres

· 31 de maio >> Abordaranse os cambios evolutivos da menopausa.

Ambas sesións serán impartidas por María Dolores Martínez Romero, matrona do Servizo Galego de Saúde.

As persoas interesadas en participar nalgunha destas accións formativas deben formalizar a súa inscrición na Área de Benestar Social (981867414) ata o 25 de maio.

As prazas, limitadas, asignaranse por orde de inscrición. As persoas participantes recibirán o correspondente diploma de asistencia.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.