Licitado o proxecto de saneamento de Burés en Rianxo

08 Maio 2021

Sae a licitación o proxecto técnico para dotar de saneamento a varias casas de Burés, en Asados, nunha primeira fase que afecta a unhas 30 vivendas da parte vella do lugar. Irán conectadas á rede xeral e está dividido en dous tramos. Un que discorre nas primeiras casas e baixa pola estrada Ac305 e outro no núcleo máis tradicional da aldea. Xa está dispoñible un segundo proxecto para buscar tamén o seu financiamento e completar no posíbel o saneamento integral do lugar.
O expediente para súa consulta polas empresas e para presentar propostas polas interesadas foi colgado no perfil do contratante. Unha vez remate o prazo para presentar propostas procederase a abrir as ofertas na mesa de contratación. 
O importe de licitación inicial é de 115.138,95 euros e financiado polo Plan único da Deputación. Se todo transcorre con normalidade as obras poderían estar rematadas no último trimestre do ano, xa recibido o permiso de estradas da Xunta. Pódese seguir a evolución da licitación no perfil de contratante do Concello en rianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.