Os bares galegos poderán pechar ás 23,00 e os restaurantes á unha xa este sábado

08 Maio 2021


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou que a Asesoría Xurídica autonómica atopou encaixe legal para poder adaptar a normativa e que, no marco das novas medidas de reapertura, os bares da Comunidade poidan pechar ás 23,00 horas e os restaurantes á unha da madrugada xa desde este sábado.

Tamén se axustará a normativa para ampliar o propio sábado o horario do toque de queda ata a medianoite, momento no que decaerá o estado de alarma e no que, ademais, entrarán en vigor todas as medidas anunciadas que inclúen o adeus ao toque de queda e ao peche perimetral en termos xerais.

Aínda así, para os municipios con peor situación epidemiolóxica e risco extremo –cinco polo momento en toda a Comunidade–, a Xunta quere manter toque de queda e peche perimetral, para o que terá que buscar o aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O Executivo tamén prevé prohibir a reunión de non conviventes en domicilios e no exterior entre a unha e as seis da madrugada, a condición de que o TSXG “non o invalide”.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.