Licitado o proxecto técnico para o saneamento nunhas 30 vivendas en Burés

07 Maio 2021

O Concello de Rianxo informou da saída a licitación do proxecto técnico para dotar de saneamento a varias casas de Burés, en Asados, “nunha primeira fase que afecta a unhas 30 vivendas da parte vella do lugar”, informou o Goberno local, engadindo que estas residencias irían conectadas á rede xeral a través dunha infraestrutura disposta en dous tramos: un que discorre nas primeiras casas e baixa pola estrada AC-305 e outro no núcleo máis tradicional da aldea.

O Concello lembrou que xa está dispoñíbel un segundo proxecto para buscar tamén o seu financiamento e completar no posíbel o saneamento integral do lugar.

O expediente para súa consulta polas empresas e para presentar propostas polas interesadas foi colgado no perfil do contratante. Unha vez remate o prazo para presentar propostas procederase a abrir as ofertas na mesa de contratación.

O importe de licitación inicial é de 115.138,95 euros e financiado polo Plan único da Deputación. “Se todo transcorre con normalidade as obras poderían estar rematadas no último trimestre do ano, xa recibido o permiso de estradas da Xunta”, explicou o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

Pódese seguir a evolución da licitación no perfil de contratante do Concello en Rianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...