O PSdeG pedirá no Parlamento a construción dunha residencia pública de maiores en Boiro

06 Maio 2021

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avanzou que a súa formación levará á Cámara galega a construción dunha residencia pública de maiores en Boiro para que “o PP teña que dicir se apoia a petición dos veciños” ou se “lle dá as costas aos maiores”.

Así se pronunciou o xefe de filas dos socialistas galegos durante unha visita realizada este xoves a este municipio coruñés, no que instou á Xunta a “que se comprometa” cun modelo de atención de maiores que “priorice as residencias públicas e aborde outros modelos de atención”.

Na visita, así mesmo, Gonzalo Caballero puxo en valor o papel que realiza o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, á fronte do municipio. “Os socialistas sabemos gobernar para a xente en momentos de pandemia”, reivindicou tras reunirse xunto ao rexedor co colectivo que pide a construción dunha residencia pública neste concello.

“Despois da pandemia vemos a importancia de atender aos maiores con calidade asistencial”, sinalou o dirixente socialista, que apuntou que moitos “teñen pensións pequenas e dificultades para conseguir no marcado privado unha praza de residencia”.

ALCALDE DE BOIRO
Pola súa banda, o alcalde de Boiro mostrou o seu agradecemento ao máximo dirixente do PSdeG por interesarse polas demandas do municipio e, concretamente, polo seu respaldo ao proxecto da residencia pública en Boiro.

Neste sentido, Romero incidiu na importancia desta infraestrutura para o municipio que ademais está amparada por unha plataforma de maiores que recolleron case 3.000 firmas para reivindicar o proxecto. ” Ténemos os terreos e o proxecto”, sinalou o alcalde, que urxiu á Xunta unha aposta por esta residencia.

VISITA A RIBEIRA
Na súa visita, Gonzalo Caballero tamén fixo unha parada no municipio de Ribeira, onde estivo acompañado polos compañeiros da agrupación socialista e polo portavoz municipal, Manolo Vilas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.