O Real Club Náutico Portosín organiza na ponte das Letras Galegas o XIV Memorial Alejandra Fernández de Láser

06 Maio 2021

A ponte do Día das Letras Galegas vai achegar aos seareiros da vela unha serie de días a marcar no calendario. En concreto, celebrarase o XIV Memorial Alejandra Fernández de Láser, o preámbulo do Campionato de España ILCA Máster (programado para as aulas da Ría de Muros e Noia entre o 3 e o 6 de xuño). A cita desta ponte festiva, que se desenvolve entre o 15 e o 17 de maio, vén da man do Real Club Náutico de Portosín. Enmárcase no Trofeo Berberecho.

O Memorial disputarase en formato open, é dicir, aberto á participación nacional e internacional, o que en palabras do Club de Portosín “incentivará a presenza de regatistas doutras localidades españolas e do resto do mundo, como a confirmación de representantes do veciño país de Portugal”. Segundo informa Fernando González, comodoro do Real Club Náutico de Portosín, “para nós a organización do campionato galego da clase ILCA é unha responsabilidade pero sobre todo unha oportunidade para pór a proba a nosa capacidade organizativa pensando en que, un mes despois, temos o campionato de España Máster da mesma clase, con 70 regatistas dun gran nivel no noso club”.

Respecto ao Campionato de España ILCA Máster, o club vén de dar a coñecer a presidencia do comité, que correrá a cargo do leonés Ángel Puente, así como o oficial principal da regata, o coruñés Alberto Bolívar; o medidor, o tamén coruñés Miguel Cons; e os vogais do comité, o leonés, José Ángel Rodríguez, e o pobrense, Sergio del Río.

A día de hoxe, a listaxe de inscricións xa ofrece unha cifra superior ao medio centenar de regatistas, dos que 32 corresponden á categoría ILCA 6 e 21 ao ILCA 7.

Sumando adestradores, acompañantes e equipo de organización, Portosín prepárase para albergar a preto de 200 persoas que comporán a estadía na vila, sendo “un extraordinario empurrón para a economía local”, sinalan dende o Club Náutico.

Outros artigos

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Ribeira celebra o Día da Bici o 2 de xuño

O domingo 2 de xuño, a Concellería de Deportes do Concello de Ribeira, en colaboración co Club Os Saltamontes e Asociación de Veciños de Carreira, vai organizar o tradicional “Día da Bici”. Actividade aberta a persoas de tódalas idades, na cal se intenta fomentar e...

+

Porto do Son celebra as Letras Galegas con música tradicional

O Concello de Porto do Son vai celebrar con música tradicional o Día das Letras Galegas, este 17 de maio, adicado á poeta coruñesa Luísa Villalta. Así, ademais das mancheas de actividades conmemorativas que se están a desenvolver estes días nos centros educativos do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión